O pasado Venres día 16 de Xaneiro, celebrouse a “XII GALA DO DEPORTE FERROLÁ”.

 

Javier Gómez Noya, mellor deportista ferrolán do 2003.

O triatleta do Club Fluvial de Lugo, (campión do mundo sub-23 de triatlón) alzouse por segundo ano consecutivo coa Carabela de Prata.

A segunda posición foi para a yudoca Sabela Delgado González, e a terceira posición foi para a nadadora Belén Loureiro.

Como mellor ciclista ferrolá 2003, o levou Andoni Mardaraz Novo do club ciclista Ártabros de Narón. No apartado de distincións foi premiado o presidente do club ciclista Ferrol Juan Martínez Rey.

Esta XII Gala do Deporte Ferrolá tivo lugar o pasado venres día 16 nas instalacións de Fimo na malata  ás 21,30 horas, e onde se contou con medio milleiro de asistentes á gala, e onde o humor e a conducción da entrega de premios o puxeron os actores de Pratos Combinados Ernesto Chao (Miro) e Antonio Durán (Morris).

O acto concluíu coas alocucións do Concelleiro de deportes Leopoldo Ibáñez e o Alcalde do Concello de Ferrol Juan Juncal.