HISTORIA
|
A Voz de Galicia 17 – 10 - 1.976 |
|
|
Actualidade Ferrolá Proxectan
crear un club ciclista JOSÉ DANIEL GARCÍA LEIRA, UN DOS ASPIRANTES A INGRESAR
NEL |
|
|
O
FERROL.- (Da nosa Delegación, por FRACO). É
raro o día que nas tertulias deportivas ferrolás non se fale do ciclismo e da
posibilidade que hai na nosa cidade de crear un club ciclista, proxecto que viría
a <<resucitar>> esa afección morta desde fai 35 anos, data en que
non se celebra ningunha proba en Ferrol; sen embargo, as estradas ferrolás
sempre se ven percorridas por un grupo de corredores que realizan o seu plan de
preparación. Entre estes os máis importantes Ángel Lamas Pérez, Manuel
Seoane Gómez, José Teijeiro Mágoa e José Daniel García Leira. Con este último
temos dialogado sobre o ciclismo e as posibilidades de formar un equipo en
Ferrol. -
Fálame de José Daniel García Leira. -
Comecei a montar en <<bici>> fai catro anos. Levo tres,
participando en competicións tres, quitando bos postos en categoría xuvenil.
neste ano, que pasei á categoría dos afeizoados, foi onde
verdadeiramente entrei no plano competitivo, ficando de subcampeón galego por
equipos co Fico de Cambados. Hai que darse conta que o salto de xuvenís a
afeizoados é grande, xa que che enfrontas a corredores que che avantaxan en
idade e en anos de <<bici>>. -
,Cantos anos tes? -
Dezanove. -
,Cales son os principais problemas que vos atopades os catro ciclistas ferroláns? -
O principal é que non hai unha verdadeira promoción deste deporte, co cal a
axuda que nos puidesen prestar é nula. De aquí a necesidade de crear ese
proxectado club ciclista ferrolán. Estaríamos apoiados e ó mesmo tempo faríase
un potente club na nosa cidade, xa que non íamos a ser soamente os catro
corredores que actualmente nos desprazamos a todas as competicións, pois na
<<mili>> hai ciclistas que podían dar unha promoción importantísima
en Ferrol. -
,E que posibilidades se ten de formar este Club? - Sei que nestes momentos un grupo de afeizoados ferroláns se están a
reunir para levar adiante este |
proxecto
e case pudia dicir que é xa unha realidade. -
,Quitase diñeiro no ciclismo afeizoado? -
O ciclista que non está baixo o dominio dun club, pode quitar diñeiro e o que
está fichado pode quitar os seus gastos, sempre e cando non teña unha avaría
de importancia na súa máquina, xa que lle vai ó peto. -
,Hai unha afección ferrolá definida no ciclismo? -
Si, hai abondo afección e iso ven dado porque os rapaces sempre é a súa
ilusión ter unha <<bici>> e un tanto por cen elevado destes
pequenos afeizoados chegan a participar en competicións xuvenís e entón se
pasan ó campo afeizoado. Eu poderíalle pór un exemplo moi claro que pasa en
Porriño, localidade con moitos menos habitantes que Ferrol e teñen 200
licencias. O que en Ferrol fai falta é que se monte unha proba ciclista e xa
verá como hai afección... -¿Onde
se podería montar esta proba? -
Desde entón o sitio ideal seria o Polígono de Caranza, que reúne unhas
condicións de seguridade inmellorables, pudendo catalogalo como o mellor circuíto
de Galicia. Pódense facer probas de velocidade e de fondo e conste que isto
non o digo por ficar ben, se non que xa percorrín uns cantos circuítos
galegos e este lugar de Ferrol é o mellor. -
,Que condicións se requiren para ser un bo ciclista? -
Ter vontade, constancia, capacidade de sofremento a proba de bomba e estar ben
preparado . -
Home e máquina. Que tanto por cen lle dás a un e a outra á hora da victoria? -
Eu diría que nun 70 por cento ó home, xa que ten que pór moita da súa
parte. A máquina é un punto fundamental e ten que estar á medida do
corredor. -
,Cal é a especialidade de José Daniel? -
Onde me atopo mellor é nos circuítos onde din teño un bo <<sprint>>
e un grande fondo. |
|
Ferrol
Diario 26 – 11 - 1.976 |
|
|
Para promover este deporte FUNDOUSE O CLUB CICLISTA FERROL |
|
|
O
deporte do pedal ten soleira na cidade. Vostedes recordarán
as moitas probas que realizáronse no antigo velódromo. Por aquí
pasou en diversas ocasións, a volta ciclista a Galicia. E en
1.947 a cidade foi final de etapa da volta ciclista a España, que gañou
o lembrado Delio Rodríguez. O
ciclismo é deporte que aquí conta con moitos afeizoados. As probas
de carácter nacional e internacional séguense con vivo interese.
Pero desde fai uns anos non hai actividade. Sen embargo, se
seguen con vivo interese. Se a manteñen. Os cinco militan en equipos galegos.
Un afeizoado ó deporte do ciclismo, don José García Teijeiro, é o
presidente do club ciclista Ferrol. Con este exemplar deportista temos
dialogado onte, no local da escudaría automobilista Ferrol.
"Queremos promover o deporte do ciclismo - díxonos - e para iso precisase
unha grande
colaboración. É necesario montar probas, pero a falta de recursos impediu -nolo. Aquí poderíase montar
unha proba |
de
circuíto. no polígono de Caranza hai unha zona inmellorable. Refírome ó
paseo do mar". -¿Que
precisa para levar adiante os seus proxectos?. -Axuda
por parte de sinaturas comerciais. Con 40.000 pesetas poderíase montar unha
boa proba. -¿Solicitou
vostede axudas? -
Se pero ata o momento non reciben ningunha.
O señor García Teijeiro móstranos a relación de probas que se montan na
rexión.
Pola nosa parte, habemos de engadir que unha vez máis puidemos comprobar como
uns deportistas queren facer deporte, promocionalo e crear equipos. Pero non
receben axudas federativas. O deporte español vive destes deportistas. Pero é
necesario axudar na promoción. A tarefa realizada e a realizar polo Club
Ciclista Ferrol, merece atención. E
agora que xa ten actividade como club, chegou o momento de que se lle atenda.
Pero sobre isto e moitas cousas haberá que voltar estes días. |
|
O Ideal Galego 26 – 11 - 1.976 |
|
|
Constituído oficialmente o Club Ciclista Ferrol |
|
|
O
FERROL.- Despois dun sen fin de xestións que levaron a cabo un entusiasta
grupo de afeizoados ó deporte do pedal, a nosa cidade terá o seu club
ciclista. Uns homes que con unha enorme ilusión emprenden unha dura tarefa.
Sabemos que non pretende ser un club forte pero se esperan contar cos medios
necesarios para ofrecer esa bela especialidade deportiva, que é o ciclismo, ós
afeizoados ferroláns. Desexan
crear unha afección, atraer ós xoves a este deporte, para que Ferrol non sexa
a única cidade de Galicia carente de probas ciclistas. En Ferrol hai afección
ó ciclismo. En numerosas ocasións xurde nas tertulias a mesma pregunta ,por o
que en Ferrol non organizan probas ciclistas? Una
interrogante que pronto desaparecerá e non dubidamos que ó cabo duns poucos
anos Ferrol voltará a soar no ámbito rexional no xeito ciclístico. Onte
tivo lugar o primeiro contacto entre o novo club e os medios de información.
nos locais da Escudaría Ferrol, o presidente da comisión xestora don José
García Teijeiro deu a coñecer a constitución do club e unha serie de
proxectos de cara ó futuro. Proxectos, , que están supeditados ós medios
económicos. Faranse xestións para que algunha sinatura comercial ferrolá
patrocine o novo club. Por
outra parte, esperase que todo aquel afeizoado que lle atraia o ciclismo cause
alta como socio no club. As cuotas que estableceranse serán de 25, 50 e 100
pesetas. Se cadra moitos pensen para que facerse socios e pagar unha cuota, se
calquera carreira ciclista a poden ver gratis. Efectivamente, así é, pero pensen que para que o Club Ciclista Ferrol
inicie a súa navegación con forza,
|
necesita axuda e todos aqueles que colaboren terán a satisfacción de dicir que gracias a eles moitos rapaces ferroláns terán oportunidade de practicar o ciclismo. Fixáronse vostedes que dun tempo a esta parte se están a ver nas nosas rúas moitos rapaces coas súas bicicletas de carreiras? Rapaces que agrupados neste novo club ciclista poden dar saída ós seus desexos deportivos e ó mesmo tempo fama á nosa cidade. O Club Ciclista Ferrol ten actualmente moita ilusión pero nada máis. Ó fronte do mesmo, grandes amantes do ciclismo como son os señores García Teijeiro, Bautista Miguélez, Manuel Lamas, Gerardo Elicechea, Horacio García, J. Manuel Oanes, Enrique Vilela, Rafael Graña, Avelino Pena, e Jerónimo Rodríguez. Homes que esperan a axuda da cidade, e teñen esperanzas en que non lles falte. As súas ideas son moitas. Sendo este o primeiro ano, o Club Ciclista Ferrol non estará na programación do calendario da Federación Galega. Pero si celebrará algunhas carreiras fora de programa para conseguir facer o ambiente necesario. Inicialmente ten pensado celebrar probas de principiantes entre aqueles rapaces que sintan este deporte ata conseguir facer unha selección e poder federalos nas distintas categorías. Unha vez conseguido un grupo, ir á formación dun equipo que represente á nosa cidade baixo o patrimonio de algunha sinatura comercial. O Club Ciclista Ferrol está en marcha. Que a carreira sexa
positiva. Todos os compoñentes desta nova sociedade inician a difícil tarefa
con unha grande ilusión e confían en que recebarán a axuda de todos os
afeizoados a este deporte. Desexamos que non lles falte. |
|
A creación do Club Ciclista Ferrol data
de Novembro do ano 1.976 , sendo o seu
primeiro Presidente D. José García Teijeiro, acompañado na Xunta
Directiva por Bautista Míguelez, Manuel Lamas, Gerardo Elicechea, Horacio García,
J. Manuel Oanes, Enrique Vilela, Rafael Graña, Avelino Pena e Jerónimo Rodríguez,
en Novembro do mesmo ano dáse de alta na Federación Galega de Ciclismo,
outros presidentes que tivo o club, foron Enrique Vilela, José Sanjuán, en
Novembro do ano 1.985 convertese en Peña Ciclista Ferrolá, pero en Xaneiro de 1.986
decídese facelo co nome de Club Ciclista San Xulián de Ferrol, sendo o
seu Presidente D. Anacleto Rodríguez Fernández-Campoamor, acompañado na
xunta directiva por Gerardo Garitaonandía Expósito (Vicepresidente), Jorge
Ardao Pantín (Secretario), José Goyanes Vázquez (Tesoureiro) e José Bañobre
Ledo, Alfonso Oteiro Rey, Carlos Ramos Abrodes, Francisco Lamas Pérez (Vocais.) O 29 de Outubro de 1.986, faise de novo
cargo da presidencia do club D. José Sanjuán Maceiras, cargo que ocupa ata o
17 de Xaneiro de 1.997, data na que se fai cargo da presidencia
D. Juan Martínez Rey. O 10 de Setembro de 1.998, nunha xuntanza
dos socios do club, aprobase por decisión unánime voltar a denominarse ó
Club como Club Ciclista Ferrol. Ó longo de todos estes anos, o noso club
ven organizando numerosas probas ciclistas, tanto federadas como populares,
participando con numerosas entidades e institucións no desenvolvemento e
difusión da bicicleta na nosa bisbarra. O Club Ciclista Ferrol, conta con un local social en Ferrol, sito na C/ Alcalde Quintanilla Martínez, blq. 6, baixo e está composto por un ximnasio, taller, almacén, saliña de lectura con tv., vídeo, e secretaría, todo isto está a servicio dos socios e os seus familiares. Actualmente o Club conta con 100 socios, dos cales entre 50 e 60 quitan licencia federativa, organizándose saídas en bicicleta todos os Sábados, Domingos e festivos, todolos anos no mes de Decembro, celébrase unha festa social, con motivo do aniversario do club, ase como da finalización da tempada ciclista. O máis importante para o noso club é a
estar aberto á disposición de todas aquelas persoas, asociacións e institucións
que precisen da nosa colaboración para a promoción e desenvolvo do ciclismo,
ou de calquera outra actividade na que podamos ser útiles. Saúdos cordiais e recibir unha forte
aperta.
Club
Ciclista Ferrol |