É BO TER LICENZA

Cada vez son máis os que aproveitan unhas horas libres para saír a dar unhas pedaladas ben por estrada ou polo monte. A maior parte non ten ánimo de competir pero si de pasar momentos agradables e facer deporte. Moitos descoñecen as vantaxes de ter licenza (estar federado), e pensan que e moi complicado ou comprometido.  

Si es adicto á bicicleta interésache facelo de maneira segura e organizada   ¡FEDERACHE !  

  

AS VANTAXES DE TER LICENZA

polo mero feito de ter licenza podes gozar das seguintes vantaxes.

-  Seguro de accidentes.

-  Seguro de responsabilidade Civil.

-  Participación en probas e marchas oficiais.

  REQUISITOS PARA FEDERARSE

-  Solicitude de licenza.

-  Ficha médica con electrocardiograma, (excepto cicloturismo). 

-  Fotocopia do D.N.I., (solo para aqueles que a expidan por primeira vez)

 TRAMITACIÓN

A petición de licenza debes facela a través dun Club Ciclista, quen encargarase de tramitala ante a Federación.

VER OS PREZOS DAS LICENZAS E DOCUMENTACIÓN, TEMPADA 2011

OS CLUBS CICLISTAS.

Pertencer un Club é moi sinxelo e non ten maior obriga que a de obter licenza, pois o nivel de participación nas actividades depende de cada un.

Se non coñeces ningún Club ciclista ou non che une nada cos que existen, podes crear o teu propio, cos teus amigos, é moi sinxelo.    

Coa mesma licenza podes participar en estrada, montaña, ciclocrós, trial, bmx, etc...

Obtención de premios en metálico segundo a clasificación.

Información actualizada e frecuente das actividades ciclistas que organízanse en Galiza.

Información actualizada da clasificación dos distintos rankings. Posibilidade de acceder a competicións fora de Galiza coa Selección.

Recoñecemento oficial dos títulos obtidos coa selección.

  Non usar os seguros de forma fraudulenta, perxudicanos a todos

SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL

Compañía: FIATC

Póliza nº: 194406

Para ver a póliza do seguro e informarvos sobre o seguro de responsabilidade civil, calcar aquí.

 

SEGURO DE ACCIDENTE DEPORTIVO

Compañía: Aresa, Grupo Mutua Madrileña

Póliza nº: 500.087

Para ver a póliza do seguro, normas a seguir en caso de accidente deportivo e relación de centros concertados, calcar aquí.