|
NOVO REGULAMENTO XERAL DE CIRCULACIÓN |
|
Aprobado o novo Regulamento Xeral de Circulación · Incrementa a protección de ciclistas e peóns· Sistemas de retención, obligatorios para nenos· Chalecos reflectantes para conductores |
|
21-nov-03.- O Consello de Ministros na súa xuntanza de hoxe aprobou o Regulamento Xeral de Circulación para a aplicación e desenvolvo establecido na Lei de Seguridade Vial. A magnitude das reformas que foi necesario realizar ao antigo Regulamento Xeral de Circulación, que dada de 1992, aconsellou a promulgación de un novo, no que ademais se refundan as modificacións normativas que posteriormente se viñeron acontecendo. A Lei 19/2001 de reforma do Texto Articulado da Lei de Tráfico e Seguranza Vial, introduciu novas normas en materia de ciclismo, novas infraccións e variou a cualificación de outras como é o caso do uso de dispositivos de telefonía móbil ou a circulación en sentido contrario respectivamente. Tamén modernizou outros preceptos en harmonía con unha nova concepción da xestión do tráfico que hoxe dispón de medios técnicos de regulación da circulación que a norma ha de facer plenamente operativos. Todos eses xeitos desenvólvense no novo Regulamento. |
| NOVIDADES: |
|
AS BICICLETAS PODEN CIRCULAR EN COLUMNA DE DOUS Permítese aos conductores de bicicleta circular sen manter a separación entre eles, extremando nesta situación a atención a fin de evitar alcances entre eles. (Artigo 54.1) Autorizase tamén a súa circulación en paralelo, en columna de dous, sempre o mais á dereita posíbel da vía e colocándose de un en un en tramos de pouca visibilidade. (Artigo 36.2). En autovías só poderán circular pola beiravía, e sempre que sexan maiores de 14 anos, e non estea prohibido pola sinal correspondente.Ademais, non se consideran adiantamentos os producidos entre ciclistas do mesmo grupo. O grupo de ciclistas considerarase como un só vehículo. |
|
PRIORIDADE RESPECTO A VEHÍCULOS A MOTOR Ademais, os ciclistas terán prioridade de paso respecto dun vehículo a motor cando este xire a dereita ou esquerda para entrar en outra vía, e cando, circulando os ciclistas en grupo, o primeiro deles iniciase un cruce, entrado nunha glorieta ou circule por carril-bici. (Artigo 64) |
|
REFLECTANTES, OBRIGATORIOS Cando sexa obrigatorio o uso do alumeado, se circulan por vía interurbana, os conductores de bicicletas levarán colocada unha prenda reflíctante que permita aos conductores e demais usuarios distingui-los a unha distancia de 150 metros. (Artigo 98.3) |
|
CASCO OBRIGATORIO Os conductores e ocupantes de bicicletas deberán utilizar cascos de protección homologados ou certificados cando circulen por vías interurbanas, salvo en ramplas ascendentes prolongadas, por razóns médicas ou en condicións extremas de calor. (Artigo 118.1) Os ciclistas en competición e os profesionais, durante os adestramentos ou en competición, se rexeran polas súas propias normas. |
|
VELOCIDADE, MODERACIÓN FRONTE AOS CICLISTAS Debese moderar a velocidade, chegando mesmo a deterse , ao aproximarse a bicicletas circulando, nas proximidades de vías de uso exclusivo de bicicletas e nas súas interseccións, tanta dentro como fora de poboacións. (Artigo 46) |
|
ADIANTAMENTO DE VEHÍCULOS Sempre que o ciclista estea circulando, os vehículos poderán pisar a liña continua para adiantalos . Tamén se poderá pisar a liña continua para adiantar a vehículos de tracción animal. |
|
PASAXEIROS Será posíbel levar pasaxeiros nas bicicletas de ata 7 anos, con unha cadeira homologada. Tamén se permite o uso de remolque en bicicleta, sempre que non supere a metade do peso do vehículo principal e non se permite levar pasaxeiros. |
|
VEHÍCULO DE APOIO O vehículo de apoio poderá utilizarse sempre e xa non será necesario as sinais circulares luminosos nin a autorización e soamente será necesario que porten un cartel de chamada de atención por ciclistas na estrada, e cuxas características se determinarán mais adiante. |
|
RESALTES NA CALZADA Os resaltes en pasos de cebra e bandas transversais, deberán garantir a seguranza dos usuarios, especialmente dos ciclistas. |
|
CARREIRAS E MARCHAS CICLISTAS En toda organización dunha carreira ciclista ou marcha cicloturista, deberá haber un responsábel de seguridade vial que deberá facer un detallado croques dos puntos nos que haberá persoal auxiliar autorizado para cortar o tráfico, ter en conta que os cruces estean ben controlados e sinalizados, bandeiras vermellas e verdes para abrir e pechar a marcha. Recoñecese que as carreiras son unha "burbulla", onde as normas xerais de circulación non son de obrigado cumprimento. Nas marchas cicloturistas será posíbel agruparse libremente polo carril da dereita sen necesidade de se pór en fila de de dous nin en fieira. Cando se circule en solitario si que haberá que acatar todas as normas de circulación. |