INTERESANTE

 

Normativas de Ciclismo >>>

Consellos de Seguridade para Ciclistas >>>

Voltas Ciclistas a España, Resumos >>>

 

   LEI DE TRÁFICO  

NOVO REGULAMENTO

  LICENCIA FEDERATIVA  

  ANOMALÍAS  

REGULAMENTO SOBRE ORGANIZACIÓN DE MARCHAS CICLISTAS E OBRIGACIÓN DOS PARTICIPANTES

 

Presentado un estudio pioneiro sobre accidentalidade ciclista en España

Conclusións:

 

¬ O 55% dos accidentes producense en zonas urbanas (onde o 55% é ciclismo de lecer) e o 44,3% en estrada (81% é ciclismo de lecer).

 ¬ A accidentalidade aumenta en verán (3 a 1). É mais ou menos constante durante toda a semana. Rodar en grupo -saídas de penedos- fai que non aumente a siniestralidade ciclista os fins de semana.

 

¬ O horario de maior accidentalidade é a medio día e de 18, 00 horas a 19, 00 horas. (Os desprazamentos ciclistas acostuman acontecer de día con boa iluminación, cando moitas veces se esgrime o argumento de falta de visibilidade).

 

¬ Tres de cada catro ciclistas accidentados ían sos.

 

¬ Tres de cada catro accidentes teñen lugar en vías con beiravía menor de 1, 5 metros, inexistentes ou impracticábeis.

 

¬ A proporción de ciclistas feridos graves ou mortos é lixeiramente inferior cando os ciclistas levan casco.

 

¬ Os ciclistas de 16 anos é o grupo con mais siniestralidade.

 

¬ As distraccións e as infraccións do código de circulación son as causas mais relevantes da siniestralidade ciclista.

 

A Siniestralidade en España

 

2003 2004 Aumento en %

Accidentes con víctimas

99.987 94.009 -5.978 -5,9%

Persoas mortas en accidentes

5.339

4.741 -658 -12,1%

Accidentes con bicicletas implicadas

2.344 2.485 +141 +6%

Accidentes con bicicletas en zona urbana

1.488

1.640 +152 +10,2%

Accidentes con bicicletas en estrada

856 845 -11 -1,2%

Persoas mortas en accidente de bicicleta

77

89 +12 +15,5%

Feridos por accidente de bicicleta

2.123 2.310 +187 +8,8%

Licencias ciclistas

38.247

33.484 -4.763 -12,4%
Datos obtidos da DGT e a RFEC

 

REFORMA Á LEI DE TRÁFICO E SEGURIDADE VIAL

Artigo 15.- Utilización do beiravía, aparte das bicicletas, os vehículos de seguimento de ciclistas poderán utilizalo , se fose transitable e suficiente, e se non o fose, utilizará a parte imprescindible da calzada. Os conductores de bicicleta poderán superar a velocidade máxima fixada naqueles tramos nos que as circunstancias da vía aconsellen desenvolver unha velocidade superior, pudendo ocupar mesmo a parte dereita da calzada que necesiten, especialmente en descensos prolongados con curvas.

Artigo 18.- Circulación en autoestradas e autovías, o apartado 1 fica redactado nos seguintes termos:”Prohíbese circular por autoestradas e autovías con vehículos de tracción animal, bicicletas, ciclomotores e vehículos para persoas de mobilidade reducida. Non obstante o disposto no parágrafo anterior, os conductores de bicicletas poderán circular polos beiravías das autovías, salvo que por razóns de seguridade vial se prohiba mediante a sinalización correspondente”.

Artigo 19.- O apartado 5 deste artigo sobre limites de velocidade, permite circular por debaixo do mesmo ós vehículos de protección ou acompañamento.

Artigo 20.- Distancias e velocidade esixible, as modificacións nos apartados 2 e 3 posibilitan a circulación de ciclistas en grupo.”Permitirase ós conductores de bicicletas circular en grupo, extremando nesta ocasión a atención a fin de evitar alcances entre eles”.

Artigo 23.- Engádese un novo apartado c ó apartado 5, que ficará redactado nos seguintes termos: “Cando os conductores de bicicleta circulen en grupo, serán considerados como unha única unidade móbil ó efectos de prioridade de paso. En circulación urbana estarase ó disposto pola ordenanza municipal correspondente”.

Artigo 33.- “Non se considerará adiantamento a efectos destas normas os producidos entre ciclistas que circulen en grupo”.

Artigo 34.- Execución do adiantamento, engádese un novo apartado 4 que ficará redactado nos seguintes termos: ”Todo conductor de vehículo automóbil que se propoña realizar un adiantamento a un ciclo ou ciclomotor, ou conxunto deles, deberá realizalo ocupando parte ou a totalidade do carril contrario da calzada, sempre e cando existan as condicións precisas para realizar un adiantamento nas condicións previstas pola Lei. Fica prohibido adiantar poñendo en perigo ou entorpecendo a ciclistas que circulen en sentido contrario”.

Artigo 37.- Supostos especiais de adiantamento, engádese o seguinte parágrafo: “Cando nun tramo de vía en que estea prohibido o adiantamento se atope inmobilizado un vehículo que en todo ou en parte, ocupe a calzada no carril do sentido da marcha e salvo que nos casos en que a inmobilización responda ás necesidades do tráfico, poderá ser excedido, aínda que para iso haxa que ocupar  parte do carril esquerdo da calzada, despois de haberse cerciorado  de que se pode realizar a manobra  sen perigo. Con idénticos requirimentos, poderase adiantar a conductores de bicicletas .

Artigo 42.- As bicicletas  estarán dotadas dos elementos reflectantes debidamente homologados que se determinen. Igualmente, cando sexa obrigatorio o uso de alumeado, os conductores de bicicletas ademais levarán  colocada algunha prenda reflíctante se circulan por vía interurbana.

Artigo 45.- Chamase a atención ó perigo de abrir as portas sen se haber cerciorado previamente de que iso non implica perigo ou entorpecemento para outros usuarios, especialmente cando se refire a conductores de bicicletas.  

Engádese:

¬ Vía ciclista: vía acondicionada para o tráfico de ciclos, coa sinalización horizontal e vertical correspondente e cuxo ancho permite o paso seguro dos vehículos.

¬ Carril-bici: vía ciclista que discorre pegada á calzada en un só ou en dobre sentido.

¬ Carril-bici protexido: carril-bici provisto de elementos laterais que o separan do resto da calzada, así como da beirarrúa.

¬ Beirarrúa-bici: vía ciclista sinalizada sobre a beirarrúa.

¬ Pista-bici: vía ciclista segregada do tráfico motorizado, con trazado independente das estradas.

¬ Sendeiro ciclable: vía para peóns e ciclos, segregada do tráfico motorizado e que discorre por espacios abertos, parques, xardíns ou bosques.

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A LICENCIA FEDERATIVA

Se es afeizoado á bicicleta, facendo máis ou menos quilómetros, con mais ou menos intensidade, choiva ou faga sol, por estrada, por cidade ou por montaña

Quítache a licenCIa federativa

¿Por que?

Estarás cuberto cun seguro de responsabilidade civil contra terceiros

Seguro de accidente deportivo

Asesoramento xurídico

Poder participar en actividades federadas

¿Canto vale?

Moi pouco

Infórmache no Club Ciclista Ferrol

Sairás gañando

 

 

AVISOS DE ANOMALÍAS

Se nas vosas saídas, detectades algunha anomalía, algún defecto, algunha mala construcción, ou mala pavimentación, nas estradas de Ferrol e bisbarra, ou polo contrario queredes facer algunha suxerencia sobre as nosas estradas, (ou a nosa cidade ou pobo) para que as melloren, ou para mellorar a nosa seguridade mentres andamos en bicicleta, faceros-no-las chegar o máis pronto posible, por medio dun correo electrónico, e porémolo en coñecemento de quen corresponda canto antes.

Se algo logramos facer con todo isto, aínda que sexa pouco, creo que o noso esforzo valerá a mágoa.

Saúdos cordiais, e boa seguridade.

 

 

PRINCÍPIO DE PÁXINA