PROBAS DO CONTROL FÍSICO

Distintos tipos de probas para saber o teu estado de recuperación, como o teu estado de forma física ou calcular o teu índice de masa corporal.

TEST DE RUFFIER-DICKSON:

Realizalo da seguinte forma:

P-1:Tomar o pulso en repouso.

Realizar 30 flexións de xeonllos en 45 segundos.

P-2:Tomar o pulso inmediatamente despois das flexións.

P-3:Tomar o pulso despois de ter pasado un minuto 

de facer as flexións.

Aplicar a seguinte fórmula: >>>

(P-1 - 70)+(P-3 - P-2)

10

                 

Onde o resultado seria:

-de 1 a 3,excelente

-de 3 a 6,bo

-de 6 a 8,mediano

-mais de 8,mao

TEST DO PISAR:

Realizalo da seguinte forma:

Subir e baixar dun banco de 50.6 cms. de alto durante 5 minutos e a unha media de 30 veces por minuto.

P-1:Tomar o pulso ao minuto de finalizar o exercicio.

P-2:Tomar o pulso aos dous minutos da finalización do exercicio.

P-3:Tomar o pulso aos tres minutos da finalización do exercicio.

Aplicar a seguinte fórmula: >>>

             30.000          

(P-1) + (P-2) + (P-3)

Onde o resultado seria:

-mais de 90,excelente

-de 80 a 89,bo

-de 55 a 79,moderado

-menos de 55,mao

TEST DE COOPER

Correr a pé por un sitio chairo durante 12 minutos, tras a cal midese a distancia percorrida:

- 1.500 mts.> mao

- 2.500 mts.> bo

- 3.000 mts. > excelente

Correr en bicicleta por un sitio chairo durante media hora, tras a cal midese a distancia percorrida:

- 23 Km. > excelente

- 19 Km. > bo

- 14 Km. > moderado

- 10 Km. > mao

Correr en bicicleta por un sitio chairo durante 3 minutos, tras a cal midese a distancia percorrida:

- 2,4 Km. > excelente

- 2,2 Km. > bo

- 2 Km. > moderado

- 1,8 Km. > mao

 

CALCULA O TEU ÍNDICE DE MASA CORPORAL

O índice de masa corporal (IMC) calcúlase coa seguinte formula:

Peso en quilos / Altura en metros ao cadrado= IMC             

  Exemplo:

71 quilos/1,67m2 =IMC

Resultado= 25,4

(sobrepeso grao I)

O RESULTADO DÉBESE COTEXAR COA SEGUINTE TÁBOA

Peso insuficiente <18,5

Sobrepeso grao II 27-29,9

Obesidade tipo III (mórbida) 40-49,9

Peso normal 18,5-24,9

Obesidade tipo I 30-34,9

Obesidade tipo IV (extrema) > 50

Sobrepeso grao I 25-26,9

Obesidade tipo II 35-39,9