ALGÚNS CONSELLOS ÚTILES

OU
Xosé Villena, máximo responsábel da Comisión Nacional de Seguridade Vial, comentou para META2MIL, algúns consellos a ter en conta á hora de saír en bicicleta. Tratase de cuestións de sentido común, moi útiles tanto para os máis experimentados ciclistas, como para quen se reencontran coa bicicleta ou se inician en ela.
ou

Máximo respecto polas normas de circulación especialmente no referinte a semáforos, ceda o paso e stop, tanto en cidade como en estrada. Esta é unha das disciplinas pendentes do colectivo ciclista, unha mala costume que quen comezan na bicicleta deben asumir desde o principio e os mais veteranos, reeducarse .

ou
O ciclista debe coñecer a súa propia condición física así como as súas propias posibilidades. No ciclismo, como en todo, hai que ir pouco a pouco, con saídas de pouco kilometraxe e ir subindo distancia e dificultade.
ou
Antes de iniciar a marcha, é necesario facer unha exhaustiva revisión da bicicleta facendo especial fincapé no estado dos pneumáticos, os freos e a dirección.
0
Unha das principais medidas de seguridade é o casco. Aínda que a Lei obriga a usalo , é moi frecuente ver que aínda hai moitos que se resisten, especialmente entre os ciclistas mais experimentados.
ou
Non esquecer nunca nin o avituallamento liquido, preferiblemente bebidas isotónicas, nin o sólido, froitos secos ou barriñas enerxéticas é o mellor.
ou
Planificar os percorridos antes de saír, escollendo un  trazado que discorra por estradas con pouco tráfico e coñecendo as limitacións individuais. Haberá que estimar a hora de saída e o tempo que se tardará en completar o percorrido, co obxectivo de ter luz solar durante toda a saída. As saídas nocturnas están totalmente desaconselladas e soamente factíbeis en marchas organizadas e para os cicloturistas expertos.
ou
Aínda que non está permitido utilizar o telefono móbil mentres vaise en bicicleta, é importante non esquecelo , para os casos de emerxencia. Se fose necesario falar por telefono, haberá que parar fora da estrada, ou se é posíbel, fora da beiravía.
ou
Tampouco non hai que esquecerse de levar consigo as ferramentas e repostos (cubertas, bombín, etc....), elementais para reparar as avarías máis básicas.
ou
Vestirse con prendas de cores chamadeiras non por moda, se non por ser mais visíbeis para os conductores. Se as prediccións climáticas indican choiva, levar prendas de protección ou de abrigo como chuvasqueiros. Tamén é aconsellábel levar gafas máis que por protección solar, por a grande cantidade de insectos que hai no ambiente e que poden meterse nos ollos e orixinar bruscas e perigosas manobras.
ou
É aconsellábel saír en grupo xa que está demostrado que os ciclistas que van sos, teñen mais probabilidades de sufrir un accidente, xa que o grupo se converte en unha medida de protección do ciclista. Iso si, cando se circule en grupo, hai que saber facelo mantendo as distancias mínimas para que non se produzan nin as típicas montoneiras, nin os temíbeis afiadores.
ou

AS NORMAS QUE É IMPRESCINDÍBEL COÑECER

OU
Entre as normas de circulación máis importantes que os ciclistas teñen que ter en conta, están as seguintes:
ou
É importante lembrar que os ciclistas poden circular en paralelo. Soamente ficará prohibido naqueles momentos nos que os ciclistas estean a producir retencións no tráfico, ou a visibilidade sexa insuficiente.
ou
Os ciclistas deben circular pola beiravía (cando este exista e sexa circulable), ou pola parte dereita da estrada, ocupando sempre o mínimo espacio posíbel.
ou
Aínda que se estea en boa forma, a velocidade máxima á que poden ir os ciclistas é de 45 quilómetros por hora exceptuando nos tramos de pendente prolongada. En estas baixadas, os ciclistas poderán tamén ocupar todo o carril da dereita.
ou
Cando os ciclistas, van en grupo, e entran nunha rotonda manterán a preferencia ata que pase o último ciclista do grupo, é dicir, se considera ao grupo como unha soa unidade. Os ciclistas, ase mesmo, teñen prioridade de paso en calquera carril-bici, sendeiros ciclabeis ou vías especiais para bicicletas.
ou
Cando se use a bicicleta como elemento de transporte e o ciclista sexa maior de idade, o conductor poderá levar a un menor de ata  7 anos nunha cadeira homologada. Tamén se poderá levar un remolque cuxo peso non exceda do 50% do peso da bicicleta e xamais se poderá transportar en eles persoas.
ou
Aínda que ata o próximo 1 de Xullo de 2006, non entrará en vigor o carné por puntos e importante que os ciclistas que teñan algún permiso de circulación, saiban que calquera infracción cometida como usuario da bicicleta, terá unha repercusión nos puntos do seu carné.
ou