|
O primeiro club que se fundou
en Ferrol, foi o Club de Velocipedistas de Ferrol o 6 de Xaneiro de 1890, xa
en aqueles anos usabase o Campo de Batallóns como velódromo, aínda que xa en
1889 había ciclistas ferroláns compitindo un de les foi José Sueiro
Fernández, tamen en 1890 o Cantón de Molíns xa se usaba para facer carreiras
ciclistas, en 1892 desfáise o Club de Velocipedistas de Ferrol, volvéndose a
crear a mediados de 1893, sendo seu Presidente José Lapique Adrio.
En
Outubro de 1895 fúndase o
Club Velocipédico Ferrolá,
(según datos da prensa da época concretamente na edición do día 02-10-1895
do Deporte Velocipédico e na do día 15-10-1895 da Voz de Galicia, aínda que
no periódico A Monarquía ven como que se fundou o 25 de Abril de 1896, aínda
que o dato más fiabre e según a fotografía, correspondería a Outubro de
1895), nunha reunión celebrada na casa de D. Federico López Bailly, sendo a
súa Xunta
Directiva fundadora, Presidente Honorario: D. Adolfo G. Rodrigo, (Juanito
pedal); Presidente: D. Pelegrín Fuster; Vicepresidente: D. Román Erquicia;
Secretario: D. Fernando Vivar; Vicesecretario: D. Francisco del Rayo;
Tesoureiro: D. Román Torres; Vocales: D. Enrique Díaz Laffite, D. Federico
López Bailly, D. Marcelino Galán, D. Rogelio Monzón e D. Guillermo V. Martín
e coa cifra nada desdeñable de 73 socios.
O 10 de Agosto de 1896,
finalizábase co novo velódromo da Sociedade Club Ferrolá, parece ser que
construido as expensas de D. Guillermo V. Martín e construido no terreo que
ocupara a antiga Praza de Toros, aínda que 1911
utilizábase o Campo de Batallóns como velódromo, (datos obtidos do libro
titulado 120 Anos de Ciclismo Galego, escrito por Xerardo González Martín
coa Editorial Galaxia, terminándose de imprentar o 15 de Agosto de
2007).
Outro
club que levou o nome da nosa cidade, foi o Club Ciclista Ferrolán, fundado
no ano 1.930 o seu primeiro Presidente foi D. Arsenio Santamaría, e o seu
secretario D. Avelino Fernández, o seu domicilio social atopaba-se na C/
Castañar, nº 15, no café-bar o Moderno,(hoxe C/ da Terra, e onde está viaxes
Paco), a primeira carreira que organizaron foi o día 27 de Xullo de 1.930,
sendo a denominación da proba “PRIMEIRA VOLTA Ó CIRCUÍTO DE SAN PEDRO” ,
sendo o seu percorrido: saída da antiga Porta Nova subíase pola costa de
Artillería, (hoxe Avda. dó Rei), Estrada de Catabois, C/ San Pedro, San Xoán,
Estrada de Castela, e Porta Nova, dándose un total de seis voltas, para
completar un percorrido de 46 kms., ficando a clasificación en 1º posición
para o ferrolán José Ezquerro, en 1 h.30’, 2º clasificado Luis Ezquerro, en 1
h.32’ 15’’, 3º clasificado Enrique Lobón en 1 h 34’ 55’’, un pouco antes de
rematar a guerra civil española o club desapareceu. (Datos obtidos da prensa
da época, concretamente o Correo Galego).
Aínda
que o ciclismo en Ferrol seguiu tendo actividade, pois en 1.935, 1.936, os
garaxistas D. Severo Bueno que tiña un taller de bicicletas na c/ Madalena, e
D. Manuel Moreno, este último, antigo boxeador que se pasou ó deporte do
ciclismo; encarregaronse de seguir facendo ciclismo como así foi coa primeira
carreira que organizaron, que foi o 6 de Xuño de 1.937, sendo o seu
percorrido Ferrol-Pontedeume-Ferrol, o gañador fora o ferrolán de orixe
Portugués Ernesto Silva, en segunda posición o ferrolán José Porta, e en
terceira posición o tamén ferrolán Rafael Castro Estévez, ó longo dos anos
corenta viñéronse organizando probas
ciclistas na pista de Batallóns.
No ano 1.938 formase un equipo
ciclista, denominado S.E.U., (Sociedade Española Universitaria), formado por
estudiantes universitarios dos cales o forman Rafael Castro Estevez, José
Porta e Antonio Silva, entre outras, con esta equipo participarían nos campionatos
galegos dos anos 1.938 e 1.939.
No ano 1.938 celebrouse o Campionato
Galego en Vigo, organizado pola U.V.E., (Unión Velocipédica Española),
habendo unha delegación en Vigo, tomaron a saída o redor duns 45 ciclistas,
ficando terceiro o corredor ferrolán Rafael Castro Estevez, ocupando as dúas
primeiras prazas os irmáns Rodríguez de Ponteareas.
O 8 de Decembro do ano 1.938 a
S.E.U., organiza a súa primeira carreira, sendo o percorrido,
Ferrol-Miño-Ferrol, estando a meta diante do antigo Concello de Ferrol, sendo
o gañador da proba o ferrolán Rafael Castro Estevez.
No ano 1.939, este ciclista Ferrolán
Rafael Castro Estevez, participou na volta ó Ribeiro en Ourense, como
preparación ó campionato galego dese mesmo ano, ficando clasificado en
segunda posición.
No ano 1.939, celebrase o campionato
galego en Ourense, clasificándose Rafael no segundo lugar.
A principio dos anos corenta Rafael
Castro Estevez, funda o Comité Ciclista Ferrolán, que á postre seria o
responsable da organización na chegada a Ferrol das voltas a Galicia e a
Volta Ciclista a España.
Tamén nos anos corenta, existiu un
velódromo en Ferrol, o seu andar era de madeira, e estaba emprazado na C/
Cuntis, onde estaba o recinto do Exército de Terra, o seu propietario foi D.
Antonio Diego Maceira, que á súa vez era o propietario do cine Cinema na C/ María.
Nos
anos corenta-cincuenta, fundase a Peña Ciclista Ferrol, aínda que non se
sabe quenes foron os seus fundadores, nin a data exacta da súa fundación.
A partir do ano sesenta ,
houbo un baleiro ciclísticamente falando, ata que no ano 1.976 se volta a fundar o Club Ciclista Ferrol.
|