|
CAMPAÑA CONTRA O SEDENTARISMO Móvete con Nós |
||||||||||||||||||||
|
Esta é unha campaña que aspira a combater o sedentarismo, promocionando hábitos saudables e deportivos entre a poboación. É unha aposta por achegar o deporte e a actividade física a todos os sectores sociais, facendo realidade as palabras do Barón de Courbertain cando afirmaba: " o deporte non é ningún obxecto de luxo nin unha actividade para ociosos, nin tan sequera unha compensación ó traballo cerebral. É pola contra, para toda persoa, unha fonte eventual de perfeccionamento interno condicionada pola ocupación laboral. E en definitiva, patrimonio de todos por igual e a súa ausencia non se pode substituír con nada".
* A Organización Mundial da Saúde (OMS), calificou a obesidade como a "epidemia do século XXI". Segundo diferentes expertos, a obesidade xa non é só un problema estético, hai que comezar a vela como un problema médico, orixe de doenzas que desaparecerian só con baixar de peso.
* Diante do ordenador no traballo. Diante do televisor na casa. Algo que os expertos definen como "Sedentarismo a tempo completo". Segundo a OMS o sedentarismo nas sociedades desenvolvidas é un factor de risco das enfermidades cardiovasculares.
* O exercicio físico non só protexe contra as enfermidades cardiovasculares, que son a principal causa de morte nos países desenvolvidos en idades comprendidas entre os 35 e os 65 anos, se non que tamén prevén alteracións como a obesidade, a hipertensión e outras.
* O exercicio físico favorece o benestar psicolóxico. Segundo un estudio publicado no British of Sports Medicine, a actividade física é eficaz contra a depresión.
* Nunca é tarde para comezar há facer exercicio físico. Segundo expertos como Darren Mcguire, Profesor adxunto de Medicina Interna na Clínica da Universidade de Texas, ou Benjamín D. Levine, Director Médico do Instituto para o Exercicio e a Medicina Ambiental do Hospital de Dallas: " seis meses de exercicio permiten recuperar a forma física perdida por 30 anos de inactividade".
* O 40% dos cidadáns e cidadanas dos países desenvolvidos non fan ningún exercicio físico, e dos que o fan, unha boa parte tan só o realiza os fins de semana e non son poucos os casos nos que renuncian ó exercicio físico porque o asocian á dor , o sufrimento e ó esgotamento. |
|
Dende a AGDpT, queremos facer da actividade física algo pracenteiro, e despois de repasar diferentes estudios sobre a relación da actividade física coa saúde, nos que todos veñen a cadrar en que o exercicio físico é beneficioso para o corpo humano, propoñemosvos neste boletín algunhas ideas e consellos para vos incorporar á actividade física e gozar dela. Sempre, claro está, estas ideas deben entenderse como algo orientativo, pois a regra central debe de ser
cada un, segundo as súas posibilidades
* O exercicio físico pode ser realizado por todo tipo de persoas independentemente da idade e do sexo.
* Calquera exercicio físico regular, aínda que só sexa camiñar, xa é beneficioso.
* Andar, correr ou montar en bicicleta durante 50 minutos, catro ou cinco días á semana, permítenos recuperar en gran medida a forma física perdida en anos de inactividade.
* Para mellorar a nosa saúde non é necesario que a actividade física sexa esgotadora, si debe ser constante e regular.
* Gaña tempo para o exerccio físico, segue estes consellos e lembra a regra central
cada un, segundo as súas posibiladades
|
||||||||||||||||||