Club Ciclista Ferrol
http://www.clubciclistaferrol.es/foro/

24-marzo Ruta polas Fragas do Eume do Club Ultreia
http://www.clubciclistaferrol.es/foro/viewtopic.php?f=2&t=3626
Página 4 de 4

Autor:  Güi [ Vie 22 Mar, 2013 16:19 ]
Asunto:  Re: 24-marzo Ruta polas Fragas do Eume do Club Ultreia

El domingo nos vemos !!!

Autor:  miguelon [ Vie 22 Mar, 2013 18:23 ]
Asunto:  Re: 24-marzo Ruta polas Fragas do Eume do Club Ultreia

Como ya puse anteriormente,a ver si lio a alguno de los Ciscada Boys . . . {bicirosa}
Si no se cae el cielo,nos vemos {biker}

Autor:  meurei [ Vie 22 Mar, 2013 23:33 ]
Asunto:  Re: 24-marzo Ruta polas Fragas do Eume do Club Ultreia

Vemonos o domingo.

Se queredes quedar a comer, temos reservado para comer no Priorato.

Por certo cando chamei hoxe ao Priorato preguntoume se coñecia a Fernando o que ten a tenda en Campolongo, dixenlle que non me daba conta (estaba no traballo medio liado), pero cando colguei xa me decatei que serias ti non fseoanep?

A ver se temos sorte e non chove..moito

Autor:  Güi [ Sab 23 Mar, 2013 5:56 ]
Asunto:  Re: 24-marzo Ruta polas Fragas do Eume do Club Ultreia

No, ese es Fernando de Eumebike

{biker}

Autor:  Güi [ Sab 23 Mar, 2013 21:28 ]
Asunto:  Re: 24-marzo Ruta polas Fragas do Eume do Club Ultreia

Para los despistados ...

La salida mañana es a las 09:30 desde Pontedeume, en el Pabellón (al cruzar el puente, a mano derecha entiendo)

{biker}

Autor:  meurei [ Dom 24 Mar, 2013 7:41 ]
Asunto:  Re: 24-marzo Ruta polas Fragas do Eume do Club Ultreia

Güi escribió:
Para los despistados ...

La salida mañana es a las 09:30 desde Pontedeume, en el Pabellón (al cruzar el puente, a mano derecha entiendo)

{biker}


Si, nese pavellon e como esta ao lado do mar... Ali decidimos se imos nadar pola ria ou polo monte.... A ver se non chove moito... Jasus!

Autor:  meurei [ Lun 25 Mar, 2013 8:52 ]
Asunto:  Re: 24-marzo Ruta polas Fragas do Eume do Club Ultreia

Moitas grazas aos que vos achegachedes a acompañarnos. Tivemos sorte e non nos choveu e aínda que non rematamos a ruta, fixemos o que poidemos dado o estado dos camiños despois de dias chovendo.

Unha mágoa ese grupo que se perdeu antes da baixada das Viñas ao río (é realmente preciosa esa baixada Jonas, tiñas razón). Ao ver que o grupo se estiraba, parei a esperar, e cando chegou o grupo de atras e me dixeron que non quedaba ninguen mais pensei que o resto ian diante miña (preguntei varias veces, xa que me parecia raro que Miguel e Sonia foran diante). Cando nos reagrupamos xa vin que faltabades... pero cando se xunta tanta xente é o que pasa :) , o importante é que volvimos a atoparnos todos.

Espero que os de Ares chegarades ben a casa... (Gui xa sei que si que chegou ben).

Unha foto do grupo.... https://picasaweb.google.com/ClubUltrei ... 2926055122

Fernando, grazas polos consellos, comimos ben no Priorato e a xente saiu contenta e pedindo que volveramos organizar outra ruta pola zona pero cara ao verán.

O dito grazas a todos.

Autor:  FSEOANEP [ Lun 25 Mar, 2013 12:38 ]
Asunto:  Re: 24-marzo Ruta polas Fragas do Eume do Club Ultreia

Me alegro que a disfrutarades , a ver si para a próxima podo acompañaros , eu son Fernando Seoane (Beumett) e outro Fernando e o da Tenda de Eumebike (e algo mais coñecido) , de todos modos me alegro que quedarades contentos e vos trataran ben

¿Fixestes a ruta toda que tiñedes previsto?, porque polas fotos non creo que vos dera tempo ..... E o mesmo queda moito Eume que coñecer

A ver si para a próxima podemos coincidir , de todas maneirtas se me mandas un privado cos teus datos , eu deixoche os meus

Un saudo

Autor:  MERIDAARES [ Lun 25 Mar, 2013 14:31 ]
Asunto:  Re: 24-marzo Ruta polas Fragas do Eume do Club Ultreia

Buenos dias, soy Uno de los de Ares que nos perdimos con los vuestros, pero bueno gracias al gps logramos bajar al rio por una ruta totalmente virgen, una pena que estubiera tan llena de arboles caidos y bastante cerrada, si no seria una pasada de bajada....si alguien la quiere probar para futuras rutas que sepa que tiene mucho trabajo para limpiarla bien

Autor:  meurei [ Lun 25 Mar, 2013 20:45 ]
Asunto:  Re: 24-marzo Ruta polas Fragas do Eume do Club Ultreia

Fernando, non fixemos en absoluto o que tiñamos previsto :) ....

Xa contaba que ia ser moi complicado facela, pero fixen a proposta da ruta contando facer o que se poidera e poder cambiar dependendo de como foramos. saimos case 1 hora mais tarde do previsto, os camiños estaban enchoupados e a lama facia patinar as rodas como se fora xeo nas subidas, eramos moitos (mais de 30) e diversos xa que habia xente que anda moito (se eses foran á sua bola, probablemente farian a maioria da ruta sen problema) e outros andamos menos, e por suposto tivemos incidencias... 2 pinchazos, unha rotura de patilla, e un grupo perdido. Polo que xa te podes imaxinar.

Pasamos polo castelo de Andrade, fixemos a baixada das Viñas (como comentou Merida, outros fixeron outra baixada) e fomos visitar Caaveiro, o suficiente para que a xente quedara con ganas de volver xa a facela mais completa.

Podiamos ter feito outra como propuxechedes (a mais axeitada seria a que dixo Jonas dos Miradores), pero como xa comentei, preferin sair de Pontedeume para dar facilidades á xente de Ferrolterra que se lle apetecera achegarse. Ademais ao sair de Santiago algo tarde (quedaramos en Santiago as 8:30 entre cargar as bicis, etc.. saimos finalmente as 9 e pico) prantexarse facer por exemplo a da KDD de outono dende a Capela tampouco ia ser moi acaido, por que chegariamos alí tamén tarde. Enfin... tomouse a decisión desa ruta e a xente pasouno ben que é o importante. Queda para mais adiante tentar facela.

Iso si, se saimos de novo dende Pontedeume cambiaria a ruta dende Andrade ata a Queixeira, xa que é todo asfalto como xa me advertichedes, ainda que pensei que nese recorrido haberia algunha pista ancha sen asfalto.

Repito de novo.. grazas a todos, e se a planificamos para mais adiante como temos previsto xa vos aviso, e facedes de guias os que controlades mellor a zona :)

Página 4 de 4 Todos los horarios son UTC + 1 hora
Powered by phpBB® Forum Software © phpBB Group
https://www.phpbb.com/