Fernando, non fixemos en absoluto o que tiñamos previsto

....
Xa contaba que ia ser moi complicado facela, pero fixen a proposta da ruta contando facer o que se poidera e poder cambiar dependendo de como foramos. saimos case 1 hora mais tarde do previsto, os camiños estaban enchoupados e a lama facia patinar as rodas como se fora xeo nas subidas, eramos moitos (mais de 30) e diversos xa que habia xente que anda moito (se eses foran á sua bola, probablemente farian a maioria da ruta sen problema) e outros andamos menos, e por suposto tivemos incidencias... 2 pinchazos, unha rotura de patilla, e un grupo perdido. Polo que xa te podes imaxinar.
Pasamos polo castelo de Andrade, fixemos a baixada das Viñas (como comentou Merida, outros fixeron outra baixada) e fomos visitar Caaveiro, o suficiente para que a xente quedara con ganas de volver xa a facela mais completa.
Podiamos ter feito outra como propuxechedes (a mais axeitada seria a que dixo Jonas dos Miradores), pero como xa comentei, preferin sair de Pontedeume para dar facilidades á xente de Ferrolterra que se lle apetecera achegarse. Ademais ao sair de Santiago algo tarde (quedaramos en Santiago as 8:30 entre cargar as bicis, etc.. saimos finalmente as 9 e pico) prantexarse facer por exemplo a da KDD de outono dende a Capela tampouco ia ser moi acaido, por que chegariamos alí tamén tarde. Enfin... tomouse a decisión desa ruta e a xente pasouno ben que é o importante. Queda para mais adiante tentar facela.
Iso si, se saimos de novo dende Pontedeume cambiaria a ruta dende Andrade ata a Queixeira, xa que é todo asfalto como xa me advertichedes, ainda que pensei que nese recorrido haberia algunha pista ancha sen asfalto.
Repito de novo.. grazas a todos, e se a planificamos para mais adiante como temos previsto xa vos aviso, e facedes de guias os que controlades mellor a zona
