Ola Camilo , a proposta que fas de esta 2ª Ruta pareceme mis axeitada , ten a ventaxa de que a xente que queira escapar no 1º bucle pode facelo e os que queiran facela toda , que conten con botar o día
Imos por partes , a saida de Pontedeume a zona de Andrade - Castelo e demáis pìca pa rriba , e para facer con calma , logo podedes evitar a subida a Queixeiro e o Mirador da Curiscada que ten unha zona moi encharcada polas choivas de este inverno , e fermoso o Mirador pero perdedes bastante tempo , logo a baixada dende Viñas o Río Eume , merece a pena facela e algo técnica pero cada un baixaría como poidera e atravesades unha zona de bosque moi fermosa , logo atravesades o río na 1ª ponte colgante e tedes que facer a subida a Xavariz , que pica pa rriba , leva tempo e hai que estar en forma , hai unha zona que andiveron os tractores e non sei como estará agora
Logo os que queiran voltar baixarían hacia Pontedeume polo lado de Cabanas , con tramos fermosos descubertos polo meu colega Cachopa e unha bonita baixada pola zona de Eiris (esta parte eu calculolle 4 oras , dependendo de cómo andedes)
Non sei seguro si é exactamente a ruta da II KDD Beumett pero a nós nos levara sobre 4 horas largas
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3712440 E os que queiran ampliar ruta podrían facelo 2º bucle que ti propós dende A Capela , voltando a Caaveiro , subindo ata a Central do Eume e a zona dos Miradores , Penedo empardado e Torre de San Bartolome e a zona do Parrote voltando hacia Pontedeume pola zona do Río , eu ese tramo calculolle outras 3 oras
Se tedes pensado facer a ruta toda podedes comer no Pazo (Mesón "O Pazo" O Pazo 15613-A Capela tf.: 981 45 95 06) , mellor chamar antes para que teñan previsión , comese ben e barato . Ademais coincide que pasades por diante antes da baixada a Caaveiro e sobre metade da ruta.
E unha ruta completa e fermosa pero para leva case todo o día para facela con calma
Se che podo axudar en algo mais non dubides en enviarme correo , senon algún dos colegas do CCFerrol teñen o meu Tf .
¡¡¡¡ Pasadeo ben ¡!!!