Club Ciclista Ferrol
http://www.clubciclistaferrol.es/foro/

XXI BTT Ruta do Salmón, 10-06-2017
http://www.clubciclistaferrol.es/foro/viewtopic.php?f=18&t=4180
Página 1 de 1

Autor:  juanmtz [ Mar 30 May, 2017 12:40 ]
Asunto:  XXI BTT Ruta do Salmón, 10-06-2017

O vindeiro 10 de Xuño, as 16:30, tedes unha cita cunha das rutas organizadas máis veteranas de Galicia.
Esperámosvos a todos.
Inscripcións en www.bikestrada.com

“XXI BTT RUTA DO SALMÓN” ó SÁBADO 10 de xuño de 2.017.
Esta marcha non ten carácter competitivo, conta cun percorrido de dúas dúas alternativas de 42 e e 36 kms. e posue un grao de dificultade baixo. Na zona urbana terá un percorrido controlado de 3 km.
A ruta está aberta a todos os afeccionados á bicicleta de montaña con un máximo de 600 participantes (seleccionados por data cronolóxica de inscrición) que teñan cumpridos a 10 de xuño de 2017 os 14 anos. O participante, coa súa sinatura e baixo a súa responsabilidade, recoñece ter a idade esixida para participar na actividade.
A saída da marcha terá lugar ás 16:30 na Zona Polideportiva da Estrada.
As inscricións son a nivel persoal e intransferibles e non poden ser utilizadas por outra persoa distinta a inscrita.
O finalizar o percorrido na Cervexería Eureka da Estrada terá lugar unha comida para todo aquel que participase na proba ou os seus acompañantes por un prezo de 12€ co seguinte menú:
Paella
Churrasco mixto
Postre
Café
Chupitos
Bebida (auga, refrescos viño ou cervexa)


PEÑA CICLISTA BIKESTRADA
CIF.: G-36.446.599
C/Virxinia Pereira nº 4, Ático E
36680 A Estrada (PONTEVEDRA)

https://www.bikestrada.com
Tlf.: 665 407 068
Fax.: 881 978 682

Página 1 de 1 Todos los horarios son UTC + 1 hora
Powered by phpBB® Forum Software © phpBB Group
https://www.phpbb.com/