Dende o ADC Picaraña temos o gusto de presentar a XII MARCHA DAS ROSQUILLAS 2015, na que esperemos que todos veñades a disfrutar da nosa compaña, e tamen da nosa ruta polos montes da zoa. A ruta ten unha dificultade media-alta de 35 Km de distancia, tamen teremos alternativas para aqueles que non queiran baixar polas trialeiras.
A marcha celebraremola o día 25 de Xaneiro do 2015, e as inscripcións abriranse o día 5 de Xaneiro e cerraranse o día 20 , e estará limitada a xente que queda a comer, xa que só teremos sitio para 800 comensales. Ainda que a xente que ven a facer a a ruta en btt non está limitada.
Tamen teremos unha ruta de sendeirismo ,para todo o que queira animarse a andar con nós. O percorrido será de 12Km e para todos os públicos, para o sendeirismo non fará falla inscribirse, e cada sendeirista terá que levar o seu avituallamento.
E para rematar o día da mellor forma posile faremolo comendo todos xuntos a carne o caldeiro e as chuletas a prancha, e de postre como non podía ser doutra maneira Rosquillas de Ponteareas.
Comeza a inscripción o día 5 , e remata o día 20
Este ano recolleremos alimentos para a organización Ponte Solidario, e entre os que traiades o KG de alimento sortearemos todolos agasallos que temos das casas colaboradoras.
Inscribete aquí: www. adcpicarana.com/index1.html
_________________
Juan Martínez Rey
Mi blog
En bici y en moto.
Los viejos rockeros, nunca morimos,
tomamos Viagra.